Redes sociais:
Limiar

O coidado do patrimonio cultural, histórico e natural é prioritario para calquera sociedade e conservalo é fundamental. Todas as cidades que conforman o noso grupo son parte dun mosaico cultural, histórico e patrimonial no que aparecen de xeito natural os trazos comúns, mais tamén cadanseus contrastes relevantes, ora físicos, ora intanxíbeis. Este patrimonio, que se mantén desde hai séculos, que nos permite coñecer a nosa historia e que define, dalgún xeito o noso presente, débese de coidar para as futuras xeracións. Nas nosas mans está o valor que lle deamos e o esforzo que fagamos para conservalo.

Esta visión, partillada por todos e cada uno dos que conformamos o GCPHE, é a que nos uniu e a que nos empurra a traballar día a día no mantemento e potenciación das determinadas formas de vida que os nosos núcleos históricos precisan, realizando proxectos e propostas comúns, establecendo políticas de intercambios de experiencias e afrontando problemáticas comúns.

PPara acadarmos estes obxectivos, creamos distintas comisións de traballo, que nos permiten actuar en profundidade nas seguintes áreas: Cidade e Patrimonio, Educación e Cultura, e Representación, Promoción e Turismo.

           
Colaboradores:
                           
          RTVE   Ciudades Mexicanas Patrimonio Mundial   Ciudades Mexicanas Patrimonio Mundial
© Grupo Ciudades Patrimonio de la Humanidad de España, 2024