A declaración das nosas cidades como Patrimonio da Humanidade por parte da UNESCO, supón unha honra e un recoñecemento internacional e, ao mesmo tempo, implica unha gran responsabilidade que debemos de asumir a fin de garantir a protección e conservación de todos eses valores para as xeracións futuras.
Neste senso, existen unha serie de obrigas que as cidades deben de tratar, como a conservación dos cascos históricos, a protección medioambiental, que en moitos casos veuse envilecida por mor de desafortunadas intervencións modernas, a restauración e a rendibilidade dunha gran cantidade de patrimonio edificado de carácter monumental así como todos aqueles problemas que produce o feito de confrontar unha configuración do pasado coa vida actual.
Convencidos das grandes dificultades que supón conservar estes valores e o esforzo económico que require, no ano 1993 creamos o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, coa finalidade de actuar conxuntamente na defensa do patrimonio histórico e cultural destas cidades e na conservación e potenciación de determinadas formas de vida que estes núcleos históricos precisan, realizando proxectos e propostas comúns, establecendo políticas de troco de experiencias e confrontando problemáticas comúns.
En todos os anos percorridos, sumamos experiencias nos distintos eidos de actuación e expomos solucións, o que nos permitiu avanzar no compromiso adquirido co mundo en xeral, mantendo sempre a personalidade de cada unha destas cidades e recoñecendo que a riqueza dun conxunto histórico áchase na súa individualidade
Alcaldes do Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España